ECOTURISMO

A forma máis natural de moverse

A aldea ten unhas vistas panorámicas privilexiadas da paisaxe da carballeira de Xesta, espazo protexido na Rede Natura 2000 "Serra do Suído" e do val do río Oitavén. 

Nos cumes desta serra nacen varios ríos: Oitavén, Avia, Verduxo e Tea, que van formando numerosas freixas e pozas naturais de augas transparentes e fondo rochoso, ideais para o baño.

Unha paisaxe de media montaña onde se intercalan zonas de prados e bosque autóctono, con diferentes espazos para gozar verdadeiramente da tranquilidade e da natureza salvaxe da montaña atlántica.

Xesta é o enclave idóneo para aventureiros, deportistas e amantes da natureza: dende a aldea pódense facer varias rutas para disfrutar da natureza da serra:a Ruta da Freixa (PRG24), Ruta dos Chozos, Foxo do Lobo, e visitar as fervenzas de Liñares e Fírveda, a praia fluvial dos Prados, e actividades de augas bravas.

Máis...

    Experiencias para recordar

    Diferentes propostas para practicar deporte ou descansar durante a túa estancia.

    Se estás pensando nalgunha actividade para realizar, consúltanos e informarémoste das empresas locais que ofrecen actividades.

    Dispoñemos de servizo de recollida dende aeroporto ou estación de tren máis cercan.


    ECOTURISMO

    Nos nosos aloxamentos mantemos un compromiso co medio ambiente.

    • Participamos da conservación activa do entorno e do patrimonio natural e etnográfico.
    • Promovemos un turismo responsable e o uso responsable da natureza.
    • Utilizamos enerxías renovables.
    • Apoiamos e consumimos produtos locais e ecolóxicos.